A Comarca de Betanzos é unha das zonas de maior tradición vitivinícola de Galicia, e José Antonio Beade e a súa familia son deses poucos viticultores que teñen permitido manter ata hoxe esta tradición que continúan as xeracións que xa veñen por detrás.
“Elaboramos viño de mesa, e a creación da Indicación Xeográfica Protexida Viño da Terra de Betanzos alá polo ano 2000 veu a representar un gran impulso para nós e en xeral para todos os viticultores, animando a modernización das nosas pequenas adegas tradicionais. Supuxo tamén ter que replantar con variedades de calidade, mellorar o cultivo da viña, os tratamentos, ata a propia elaboración do viño con técnicas máis modernas”.
“O noso reto é que o consumidor se achegue aos nosos viños con curiosidade, son viños novos, frescos e que non ocultan a súa orixe, pois a través do viño pódense identificar as características dos nosos solos e o noso clima.”
“Hai anos, antes de que se fixese a replantación con variedades de calidade, o viño de Betanzos non tiña moi boa sona, pero cada día máis xente está a descubrir o potencial e a calidade que temos.. isto xa non é coma antes!”.
Na actualidade, a meirande parte das operacións da adega están en mans de José Bouzón Beade, a terceira xeración de viticultores de Casa Beade.
Os produtos que ofrecen coa marca da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo son: