Adegas Bordel é unha adega familiar que transforma as uvas cultivadas nun predio da súa propiedade coñecido como “Ladeiro”. Uvas de distintas castes autóctonas, pero principalmente da Branca Lexítima. Aséntase na Parroquia de Sarandóns, do Concello de Abegondo, e nunha área integrada na Reserva dá Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
E ligado a esta Reserva, a adega está integrada no Marco de Calidade Turística do Ministerio de Industria , Comercio e Turismo. (SICTED, Compromiso de Calidade Turística).E sobre de todo, o compromiso de Adegas Bordel coa calidade e o territorio leva a que os seus viños estean igualmente baixo a marca de calidade diferenciada: IXP Viños dá Terra de Betanzos.
A súa actividade principal está ligada a diferentes actividades agrarias, nas que a viticultura ten a súa máxima expresión a través dunha caste, con presenza secular neste territorio, a Branca Lexítima.